A USC dá a benvida ao alumnado con actos culturais, deportivos, concertos, obradoiros e visitas guiadas do 13 ao 15 de setembro: #BenVidaUSC!

«#BenVidaUSC!’ constitúe unha iniciativa que busca poñer en valor as potencialidades reais dos servizos que presta a USC á comunidade universitaria”, sinalou a vicerreitora de Cultura e Estudantes, Pilar Murias, na presentación da programación.

Visitas guiadas á Domus do Mitreo, roteiros diurnos e nocturnos polo recinto histórico de Lugo e pola sede universitaria, ademais dunha cata nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) abren o 13 de setembro o programa no Campus lugués no marco dunha xornada durante a que tamén se celebrarán concertos gratuítos, a cargo de Bratzantifa e Nebra, entre outras actividades. 

A programación, aberta a toda a comunidade universitaria, continuará o mércores e o xoves con roteiros nocturnos e de arte urbana pola cidade, coloquios en idiomas estranxeiros, presentación de servizos e asociacións universitarias, obradoiros de baile tradicional, sesións de D’j e concertos a cargo de As fillas de Cassandra, Grima e Son do Galpom.

Ao día seguinte, as xornadas ‘#BenVidaUSC!’ continuarán no Campus de Lugo con máis actividades lúdicas e informativas, así como coa presentación da programación teatral da USC e unha aula aberta de danza contemporánea.

Máis información