Certames de fotografía, videocreación e son no Lugo Cultural 2023.

En outubro chega unha nova edición do Maratón Fotográfico do Campus de Lugo aberto á participación de todas as persoas (do campus ou non) amantes da foto. Un clásico na cita cultural lucense.

Desde xa, podes ir preparando a túa peza de videocreación, está aberto o prazo de inscrición e hai 3 premios en xogo. Ademais hai varias palestras de videocreación por Carmen Granxeiro.

Un certame innovador que se estreou o ano pasado é o de Paisaxes Sonoras, adentrarse no mundo do son que nos rodea ten premio.

Lugo Cultural – facebook –