Convocatoria aberta no mercadiño de fanzines e derivados Vaia Vaia 2023.

O 23 e 24 de setembro terá lugar a cuarta edición de VAIA VAIA, co mercadiño de fanzines e derivados que será o punto de encontro principal ao redor do cal se organizará o resto do programa de actividades (obradoiros, charlas, mesas redondas, instalación artística, etc. abarcando contidos que supoñan mergullarse na linguaxe da ilustración, a creación literaria, o grafismo e as artes visuais)

Se estás interesadx en participar no mercadiño só tes que encher e enviar o seguinte formulario antes das 23:59 do día 5 de setembro.

VAIA VAIA

O obxectivo deste encontro non é outro que acoller durante un par de días unha feira de autoedición e constituírse como unha reunión pública e aberta a todo aquel que estea interesado nas publicacións independentes e autoxestionadas. «Abrazamos o amateur e abrimos as portas a proxectos e persoas que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características.»

O encontro de fanzines e autoedición Vaia Vaia conta co patrocinio da área de Cultura do Concello de Lugo e a colaboración de PuntoGal.

Web oficial