A concelleira da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un avance das actividades que se desenvolverán este Nadal na cidade.

Como consecuencia da situación que estamos a vivir debido á crise sanitaria producida pola COVID-19, as actividades deste Nadal veranse limitadas e contarán con todas as medidas de seguridade precisas. A concelleira Maite Ferreiro resaltou “Lugo manterá a súa actividade cultural do Nadal, a cultura é segura”

Deste xeito, a organización da popular cabalgata de Reis adoptará unha nova fórmula, que terá un carácter de “estática e segura”.

Este ano, como novidade, procederase a adornar diferentes espazos e prazas da cidade xunto cunha maior dotación de iluminación na cidade, que sumaran esforzos para que o comercio local e de proximidade conte cun ambiente amábel e festivo.

Maite Ferreiro “nas vindeiras datas daranse os detalles da programación cultural, na que seguimos traballando para facer deste Nadal un tempo máis festivo dentro da complexidade que estamos a vivir”

Luces Navidad Lugo