- O xoves 10 terá lugar unha unha cea reivindicativa no Bodegón A Fouce con produtos de Comercio Xusto a partir das 21:30 horas. - O venres 11, un video fórum coa estrea do documental “Food Coop” no Vello Cárcere ás 21 horas. - O sábado 12 celébrase a tradicional feira con postos de produtos de Comercio Xusto e Ecolóxico dende as 11 ata as 20 horas na Praza Maior. Haberá ademais un obradoiro de cociña para nenos e nenas e unha exposición sobre Comercio Xusto.

Lugo Xusta, xunto á Coordinadora Galega de ONGD`s, celebra o Día Mundial do Comercio Xusto o vindeiro sábado 12 cunha feira na Praza Maior e que cerrará a semana de actividades na cidade en torno ao Consumo Xusto e Ético.

A feira porá remate a tres días de actividades, que comezarán o xoves 10 cunha cea no Bodegón A Fouce, co que nun ambiente alegre e distendido se poderá gozar, a partir das 21 horas, dunha cea eleborada con produtos ecolóxicos e de Comercio Xusto. É preciso inscribirse no facebook de Lugo Xusta.

O venres 11, a partir das 21 horas, haberá un vídeo fórum logo da proxección do documental “Food Coop” no Patio do Vello Cárcere. O documental conta a historia e o funcionamento cotiá deste supermercado cooperativo que desde 1973 agrupa a máis de 16.000 persoas no barrio de Brooklyn. As persoas que integran a Cooperativa deben traballar 3 horas ao mes para ter dereito a comprar a mellor comida da cidade de New York ao prezo máis barato posible». Co documental tentamos mostrar modelos de comercialización e consumo alternativos, co obxectivo de fomentar relacións entre produtor e consumidor mais equilibradas Logo da proxección, haberá un debate, que será dinamizado por Bico de Grao S.Coop.Galega, O Mercado da Terra e a Sociedade Cooperativa Zocamiñoca da Coruña.

Finalmente, o sábado 12 de Maio, celebrase a xa tradicional feira e que contará con postos de información e venda de produtos de Comercio Xusto, agricultura ecolóxica e artesanía local. Na xornada, que durará dende as 11 da mañá ata as 20 horas haberá un Obradoiro de Cociña dirixido a nenos e nenas, no que se elaborarán doces con produtos de Comercio Xusto e coñecerán os beneficios do consumo responsable. O Obradoiro será impartido por Marcos López, do Obradoiro de Comida «Sen Sucre», entre as 12 e as 13:30 horas.

ORGANIZA

Lugo Xusta é un grupo de traballo cidadá composto polas entidades Asemblea de Cooperación pola Paz, Bico de Grao, Mans Unidas, Solidariedade Internacional de Galicia e Taller de Solidaridad. O seu obxectivo principal é converter Lugo nunha cidade polo Comercio Xusto, para o que, dende 2014 realiza diferentes actividades de sensibilización arredor do movemento de Comercio Xusto e do Consumo Responsable.

Coordinadora Galega de ONGD`s: que engloba a 46 ONGD`s de Galicia, entre elas varias das entidades que participan no grupo de traballo Lugo Xusta. É unha plataforma social e política de ONG de Desenvolvemento comprometidas coa consecución da xustiza social e o fin das desigualdades globais que traballan dende Galicia para construír un modelo de cooperación transformadora baseado no desenvolvemento sustentable e no enfoque feminista e de dereitos humanos.

Colaboran: Bodegón «A Fouce», «Mercado da Terra» de Lugo, Cooperativa Zocamiñoca da Coruña, Concello de Lugo e todas as entidades adheridas á campaña “Lugo, Cidade polo Comercio Xusto”.