DEC 2017 O Cemiterio Municipal de San Froilán ven de entrar na listaxe de cemiterios máis bonitos do mundo de National Geographic, unha das organizacións internacionais máis grandes, a nivel mundial sobre educación e ciencia que edita contidos sobre xeografía, ciencia, historia, cultura, eventos actuais e fotografía.

O de Lugo comparte lista con camposantos de Madrid, Asturias, A Coruña, Cantabria, Praga, París e Edimburgo. Así mesmo, nesta publicación faise fincapé no turismo de cemiterios, en auxe en Europa, que impulsou a creación de rutas, guías e itinerarios por mitos dos camposantos.

National Geographic enxalza ao camposanto lugués pola beleza das súas antigas construcións funerarias, destacando o mausoleo neogótico do siglo XIX, deseñado polo arquitecto lucense Cobreros, situado á entrada das instalacións. Ademais fai referencia á mistura de diferentes estilo que acolle este cemiterio, que foi nomeado en 2015 como o cemiterio con mellor monumento funerario de España, e neste mesmo ano, como cemiterio con mellores actividades de portas abertas (recordamos aquí as actividades e as fotos gañadoras do concurso «Estampas de Paz e Acougo«)

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, amosou a súa satisfacción por esta recomendación, que servirá para reforzar o número de visitantes ao camposanto lugués e ás actividades que se realizaran nel; ao tempo que se fortalece o posicionamento de Lugo como destino cultural.