Sorrisos, de Alfredo León Mañú, e Ven ao San Froilán, os polbos voarán (categoría infantil) de Rosalía Longarela Santos serán os carteis anunciadores do San Froilán 2022.

O xurado (Cruz Lago, NoemÍ López e Bruno López) escolleu un deseño entre os 40 participantes para o San Froilán e 7 para representar o Miúdo. 

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, explicou que “estamos a traballar nunha nova edición do San Froilán, a volta da gran festa do outono galego despois de dous anos con restriccións sanitarias”.

Maite Ferreiro afirmou que “anualmente coñecemos a gran calidade das deseñadoras e deseñadores co concurso, un certame xa consolidado”, e engadiu “tamén vemos a gran calidade dos debuxos das rapazas e rapaces que anualmente se presentan a este certame”.

Actuación nun San Froilán.