As actividades que se realizarán no Cemiterio co gallo da festividade de Santos comezan xa neste 18 de outubro estenderanse até finais de novembro.
«Unha serie de actividades diversas e que agardamos que toda a veciñanza se achegue ao cemiterio», explicou Cristina López, Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza
O VII Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo terá lugar do 18 de outubro até o 3 de novembro, que nesta edición versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. Premiaranse tres fotografías, con 600, 400 e 200 euros cada unha.
No día de Santos, o Cemiterio encherase de música durante todo o día.
Dia 14 de novembro
Don Juanin, por Malala Teatro e Bechobichoboladanza. Palimoquiños
Hora: 19:00h
Don Juanin, por Malala Teatro e Bechobichoboladanza. Palimoquiños
Hora: 19:00h
Día 28 de novembro
Lectura dramatizada de Don Juan Tenorio, por Os Palimoquiños, Grupo de investigación Teatral e Bechobichoboladanza. Hora: 19:00h
Actividades limitadas a 100 prazas, para o que será preciso anotarse no 010 (982 297 350).
O día 28 terá lugar o concerto Música para o Recordo, aberto a toda veciñanza, durante o cal se realizará unha queima simbólica de mensaxes.