Seminario sobre cinema galego na UNED de Lugo.

Online ou presencial.

10 horas de duración, do 22 ao 30 de novembro de 2023.

Con Jaione Camborda, os irmáns Coira, Andrés Goteira, Benedicta Sánchez, Margarita Ledo Andión, Luis Iglesia, Manuel Curiel … e máis

O recente e innegable éxito do cinema creado por artistas e cineastas galegos inspirou a organización deste seminario. Un éxito que vén dunha longa tradición de arte e de bo facer diante e detrás das cámaras, xurdidos en terras galegas. 

Este seminario pretende facer un repaso da Historia do cinema galego, dende os seus inicios ata a actualidade, cunha primeira parte máis académica, centrada na propia Historia, e cunha segunda parte de relato de experiencias. 

Para a primeira parte, conta con profesores de catro universidades galegas (incluída UNED) e con especialistas en cinema. 

Mentres que, para a segunda  parte, conta coa participación dos irmáns Coira, de Jaione Camborda, de Andrés Goteira e de Diego Méndez, así como, coa participación de Benedicta  Sánchez, de Nuria Lestegás, de Luis Iglesia e de Carmen  Méndez, que achegarán as súas experiencias. 

Prezo: 15/25 €

Información completa (web UNED)