The Real Mckenzies, referente mundial no punk folk, en concerto no Arde Lucus.
Sábado 15/06 – 00:00 horas – Pza Horta do Seminario. 

O Arde Lucus 2024 xa conta cun concerto do máis alto nivel para a noite do sábado 15: o do grupo canadense The Real Mckenzies, toda unha referencia a nivel mundial no punk folk, que destacan por mesturar rock e folk coa música tradicional escocesa, imprimindo aos seus directos un son moi potente, no que as gaitas cobran un protagonismo especial.

O escenario do concerto ubicarase na Praza Horta do Seminario, na parte máis próxima aos edificios de vivendas, mentras que no outro extremo da praza se situará o campamento dos Mercenarios Galaicos.

The Real Mckenzies é unha das bandas de punk folk de maior traxectoria a nivel internacional; de feito comezaron a súa carreira profesional en 1992 e desde entón estivo liderada polo incombustibe Paul McKenzie, poeta, cantante e compositor principal do grupo.

Ademais da gaita, a banda emprega instrumentos clásicos da música tradicional irlandesa, polo que tamén son unha clara referencia no denominado celtic punk.

Ao longo da súa dilatada carreira publicaron 13 traballos discográficos, con albumes de estudio, directos e recopilacións.