A pola edición 12 do Festival Cartografía en Movemento en Lugo.
Os días 28, 29, 30 de setembro e 1 de outubro en distintas localizacións da cidade.
Obradoiros e artes vivas serán as propostas de balde e para todos os públicos desta cita organizada pola Asociación 3monos e o Colectivo Glovo coa colaboración da Deputación de Lugo e a Área de Cultura do Concello de Lugo.

O Festival Cartografía en Movemento cumpre doce os días 28, 29, 30 de setembro e 1 de outubro en Lugo, con catro xornadas de artes vivas en espazos non convencionais e baixo o lema ‘xardíns secretos”. 

A 12ª edición deste encontro, neste ano 2023, é unha edición baseada no proverbio chinés “Se queres ser feliz un mes, namora. Se queres ser feliz un ano, casa. Se queres ser feliz toda a vida, faite xardineiro” onde se nos convida a descubrir os segredos dos xardíns. 

Á organización do festival, a cargo nestes anos da asociación 3monos, sumouse desde 2021 o Colectivo Glovo, para aunar forzas nun evento que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo e da Deputación de Lugo.

A programación comeza o xoves 28 na Galería de arte Solaina ás 20:00h coa intervención de Branca Novoneyra con “BAILARINAS ANTIFASCISTAS”.

Continuará Marta Cuba coa inauguración da exposición “XARDíN CUBERTO”, actividades para todos os públicos e coa entrada de balde, aínda que con aforo limitado.

A programación continúa o venres día 29 ás 18h co obradoiro de «LATINO CONTEMPORÁNEO – BAILANDO EN FAMILIA» no interior da Deputación de Lugo a
cargo de Allyson Maykall, ao que seguirá ‘A DANZA COMO PORTA AO TRANCE”, impartido por Sybila Gutiérrez e Itxasai Mediavilla ás 20h. Estas propostas son para todos os públicos e para inscribirse cómpre só mandar un mail indicando nome e idade a reservascartografiaenmovemento@gmail.com

O festival continua na mañá do día 29 sábado no interior da Deputacion de Lugo, onde ás 13h abrirá o programa o Alumnado do CDAN de Lugo con coreografía de Maruxa Salas cunha peza titulada ‘UNA’. Continuará Cía. iXa, cun espectáculo co nome de “OLLOS CARA ADENTRO”. Seguirán Cía. Venérea coa súa proposta “URANIA ULTRA”.

No mesmo día 29 ás 20h nos xardíns traseiros da Deputación de Lugo abrirá o programa a peza “DORMU” de Cía. Indalecio Seura. Continuará “CASO 26” de Cía. Allyson Maykall artista costarricense e pechará “A RAÍZ DE” de Cía. Daniel Rodríguez. Estas propostas son para todos os públicos e para inscribirse cómpre só mandar un mail indicando nome e idade a reservascartografiaenmovemento@gmail.com

Na xornada do domingo día 1 celébrase ‘A alma de Cartografía’ con distintas propostas en espazos da cidade. 

É posible acceder a máis información nas redes, que anima a brindar por máis dunha década de artes escénicas, amizade e resistencia.