As representacións desta edición son as seguintes:
· 30/10 Rutinas, de Max Teatro
· 13/11 Nadal na casa dos Lamelo, de Achádego Teatro
· 20/11 A última cea, de Fauna 113 CAMBIO, A OBRA SERÁ «Dominó Celeste»
· 27/11 Porta Aberta, de Munuwa
Todas comezarán ás 20:30, e están destinadas a públicos de todas as idades. As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou con antelación no portal entradaslugo.es ou na oficina municipal de turismo.
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, presentou xunto Tareixa Campo e integrantes de Achádego Teatro, a edición 2021 do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e coa que colabora o Concello de Lugo.
Maite Ferreiro afirmou que “un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza”.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte