O Ciclo Galego de Teatro Amador regresa a Lugo con 4 representacións entre o 30 de outubro e o 27 de novembro.  

As representacións desta edición son as seguintes:

· 30/10 Rutinas, de Max Teatro

· 13/11 Nadal na casa dos Lamelo, de Achádego Teatro

· 20/11 A última cea, de Fauna 113 CAMBIO, A OBRA SERÁ «Dominó Celeste» 

· 27/11 Porta Aberta, de Munuwa

Todas comezarán ás 20:30, e están destinadas a públicos de todas as idades. As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou con antelación no portal entradaslugo.es ou na oficina municipal de turismo.

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, presentou xunto Tareixa Campo e integrantes de Achádego Teatro, a edición 2021 do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e coa que colabora o Concello de Lugo. 

Maite Ferreiro afirmou que “un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza”.