O pasado sábado comezou o Circuíto de Teatro Afeccionado da área de Cultura da Deputación, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia ata final de ano.

Quince compañías participan nesta iniciativa que dá pulo ao teatro amador nun ano condicionado pola incidencia da crise sanitaria nas programacións culturais, especialmente no ámbito das artes escénicas. Alentía Teatro, Nova Escena Teatro, Os Palimoquiños, Curuxán Teatro Impro, Hipócrita Teatro, Os Baluros, Os Trocos, A Adala, A Mariña, Asociación Cultural Abrente, Grupo de Teatro Viraventos, Teatreiras, Lume Escénico, O Torques e Pico do Castro representarán os seus espectáculos nunha vintena de municipios.

A programación, organizada en colaboración cos concellos e coas asociacións culturais que facilitan os espazos para as representacións, inclúe pezas para todos os públicos e con distintos rexistros, desde o drama ata a comedia.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro explicou que “con esta alternativa puntual apoiamos a labor das compañías amadoras espalladas polas comarcas, moitas delas creadas a raíz da labor de promoción e formación do Buxiganga”

PROGRAMA: 

Circuíto de Teatro Afeccionado por Lugo