Contacontos no MIHL na ponte de decembro
O ciclo consta de 5 actividades para nenos e nenas, que terán lugar entre o 4 e o 8 de decembro
Programación ciclo de contacontos e animación á lectura
Sábado, 4 de decembro ás 18:00 horas
MIGALLAS TEATRO
“Os tres porquiños/ Migallas Teatro”
Idades: de 1 a 3 anos
Duración: 30 minutos
Sesión de contos a partir dun dos clásicos da literatura infantil, a través de títeres, teatro e cancións, para introducir os máis cativos e cativas no marabilloso mundo dos contos.
Domingo, 5 de decembro ás 11:45 e 13:00 horas
CEO ABERTO
“Atrapados con Harry Potter”
Idades: a partir de 7 anos
Duración: 45 minutos.
Scape Room baseado na novela “Harry Potter e o cáliz de lume”. Actividade na que as nenas e nenos participantes terán que resolver unha serie de enigmas para axudar a Harry a fuxir do espazo no que está atrapado.
Luns, 6 de decembro ás 18:00 horas
TARABELOS
“Debulendo lendas…galegas”
Idades: a partir de 5 anos
Duración: 55 minutos.
Sesión de narración oral ilustrada que utiliza de base a técnica xaponesa “Kamishibai” e na que se decubrirán moitas lendas que falan de xacias e sereas, de piratas ou das aventuras dos pobos celtas que ocupaban os nosos territorios.
Martes, 7 de decembro ás 18:00 horas
XAROPE TULÚ
“Rilla Rilla”
Idades: a partir de 6 anos
Duración: 50 minutos
Espectáculo-concurso sobre a língua galega que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. Se non oístes falar do cinefere, se non sabedes o que é un día de garabullos ou se nunca se posou en vós unha lagáchima, non volo perdades!
Mércores, 8 de decembro ás 18:00 horas
OS CONTOS DE PABLÍSIMO
“O arquivo do chibo”
Idades: a partir de 4 anos
Duración: 40 minutos.
Fabulación libre arredor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo. Un teatriño con múltiples xanelas que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado, empregando monicreques, xoguetes, sombras… e moita cachifallada.
ENTRADAS
Gratuítas no portal entradaslugo.es. As persoas adultas que acompañen ás nenas e nenos terán que retirar entrada, mais para dar preferencia ao público infantil, só se permitirá unha acompañante por unidade familiar, cun límite de tres entradas por persoa.
Promove: Cultura, Turismo e Promoción da Lingua Concello de Lugo