Nunca deixes de bailar con "Cartografía en Movemento"

Nova edición dun dos nosos festivais favoritos: o Cartografía en Movemento 2020 xa está aquí. Nunca deixes de bailar. Ese é o lema para a súa novena edición, un lema para lembrar tamén neste momento incerto que vivimos. Semella que as circunstancias desafían a concepción mesma dun festival que tivo sempre por fin o de desautomatizar a nosa relación cos espazos da cidade a través das artes. Aínda así: nunca deixes de bailar. Máis ca nunca son necesarios os corpos que dancen, os que aínda de lonxe poden tocarnos, axitarnos, movernos, atravesarnos… “bailemos, bailemos, se non estamos perdidos” (Pina Bausch).

O programa é o seguinte:

VENRES 30 de OUTUBRO

19.00_Presentación do libro El público está aquí de Sabela Mendoza. Casa do Saber

Sabela Mendoza presenta o volume O público está aquí, un traballo de investigación a cabalo entre a teoría e a práctica que se da a coñecer ó público como combinación de ensaio poético e conferencia performativa. Para reservar entrada escribir un correo a cultura.lugo@usc.es co nome completo ( aforo limitado a 20/30 persoas)

SÁBADO 31 de OUTUBRO

10.00-14.00 Taller con Andrés Corchero. Body Weather. Hotel Méndez Núñez

Hai 10 prazas gratuitas para corpos danzantes que serán reservadas por rigurosa orde de inscrición. O prazo para a mesma comeza mañá, domingo 25, ás 17 e remata o xoves 29 ás 16h. Se estás interesad@ escríbe a info3monos@gmail.com enviando o teu nome e apelidos, DNI e teléfono.

19.00 A alma de Cartografía. Baixos da Praza Maior.

Experiencia participativa nun espazo seguro no que o movemento, a liberdade e a capacidade de decisión -moverse, mirar a un lado ou a outro, estar quedo, dar as costas ou saltar- serán os elementos que nos permitan cartografar a cidade este ano. Se queres participar nesta experiencia enche o formulario que presentamos a continuación, xa que o número de participantes está limitado por aforo. Anímate a ser parte de Cartografía 2020 e #nunca deixes de bailar! https://forms.gle/Xu3GUvHjfeY922DU7

DOMINGO 1 de NOVEMBRO

13.00-14.00 SET de Paula Quintas e In the middle of the night de Rebeca Carrera no Mercado Quiroga Ballesteros

Esta peza é unha excusa para buscar a felicidade, para intentar atopar a través da danza, a liberación do corpo e da mente. Para danzar cos teus medos. Para atopar o placer, o xogo e a desinhibición.

Desinhibición: Comportamiento da persoa que perdeu a vergoña ou o medo que lle impedía actuar de acordo cos seus sentimentos, desexos ou capacidades. Diccionarios Oxford

Interpretación e coreografía · Rebeca Carrera Músicas· Elena Casanueva “Eskarnia” y Pablo Contreras. Dramaturxia e dirección escénica · Rebeca Carrera.

Duración da peza· 25 minutos aproximadamente.

RESERVA DE ENTRADAS NO 010. AS ENTRADAS RESERVANSE ATA DEZ MINUTOS ANTES DO INCIO. AFORO 60 PERSOAS

O festival Cartografía en Movemento, organizado pola asociación 3monos, conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo e do Campus Terra da USC