Skin-Deep, unha nova perspectiva da historia do corpo, na galería Solaina

O vindeiro 7 de novembro ás 17.00 horas inaugurase a primeira exposición individual de Solaina. Unha exposición de Andrea Davila, unha artista e investigadora en arte contemporáneo especializada na relación entre corpo e escultura. Coa súa obra explora o imaxinario colectivo entorno ao corpo e
os cambios que experimento ao largo da historia dependendo de mitos e dos avances na ciencia pero tamén de percepción máis subxetivas. Entre os seus referentes teóricos atópanse texto sobre a historia da ciencia, a filosofía, o psicoanálise o a arte. Co uso de varios metais, resinas, materiais cerámicos, tecidos e textos, as súas obras exploran as propiedades de protección e de aloxamento da pel mediante formalizacións abstractas e minimalistas.

Solaina, un novo espazo con sede en Lugo dende o que promover a arte e a cultura da cidade, e no que os artistas poden coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súas pezas. Este proxecto está dirixido e curado por Antía Carreira e Sergio Marey, dous novos artistas lucenses que esperan facer de Solaina “un referente da arte en Galiza e no mundo”, e cuxo obxectivo é proporcionar “un espazo aberto a todas as artes e disciplinas, a calquera proxecto, coa intención de descentralizar a arte e acercala a sociedade”.

Solaina non só permite dar a coñecer a novos artistas contemporáneos, dándolles oco nunha galería, senón tamén serve para visibilizar todas as disciplinas, dende a música á pintura, pasando pola instalación, a moda ou a foto entre outras. “Queremos dar un espazo real a todas as artes e crear un lugar de diálogo para os artistas que queiran mostrar o seu proxecto”, explica Antía Carreira. “Solaina é ese lugar de encontro das artes, dunha cultura emerxente que quere estalar, e onde todos sodes benvidos”, engade Sergio Marey.