O Vello Cárcere de Lugo albergou un ano máis unha «Residencias Paraíso«, residencias artísticas promovidas polo Colectivo RPM que teñen lugar en diferentes puntos da xeografía galega facilitando ás e aos artistas de espazos públicos onde levar a cabo os seus proxectos a través dun proceso de investigación artística. Os resultados destas creacións son exhibidos de maneira aberta ao público na procura de fortalecer o tecido cultural e artístico da sociedade galega.

O pasado día 4 de setembro presentouse a performance H/Ostia, resultado da residencia artística no Vello Cárcere do colectivo The3 H/Ostias formado por Raquel Espada, Megan Hanley e Laura Villaverde. O colectivo The3H/Ostias abordan dende o performativo a emoción dos sucesos converténdose en puntos de inflexión nas nosas vidas, transformando a nosa realidade e sacándonos da nosa zona de confort.

 

Performance H/Ostia no Vello Cárcere de Lugo
Fonte da foto: web oficial do Vello Cárcere