A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico, que este ano contará con 9 obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade durante o mes de marzo. “Por segundo ano consecutivo, apostamos por concentrar a mostra no mes de marzo para facer máis doada a afluencia do público e a difusión da propia Mostra”, explicou Maite Ferreiro.

A Mostra de Teatro Clásico do 2021 contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas. “Este ano case un 50% das obras son de compañías de traxectorias contrastadas como Chévere, Producións Teatrais Excéntricas ou Elefante Elegante”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “este ano incluiremos tamén a estrea absoluta de Quixote, de Pedras de Cartón, que forma parte da oferta para público familiar que se achega á Mostra de Teatro Clásico”.

Programa da XXI Mostra de Teatro Clásico de Lugo
Fonte da foto: Gab. Com. Cultura
Programación XXI Mostra de Teatro Clásico

Xoves 4, 20:00 Estrela de Día, de Produccións Excéntricas.

Duración: 100 minutos.

Idade recomendada: a partir de 13 anos.

Xoves 6, 18:30 Castelvines & Monteses. Los amantes de Verona según Lope, de Barco Pirata e CNTC.

Duración: 150 minutos (con dous descansos de 10 e 15 minutos respectivamente).

Idade recomendada: A partir de 12 anos.

Premios:

– Premio Ceres 2013 a mellor director por Tempestad e Un Trozo Invisible de Este Mundo

– Nominación premios MAX 2014 a mellor director por Un Trozo Invisible de Este Mundo

– Premio MAX 2014 a mellor espectáculo por Un Trozo Invisible de Este Mundo

– Nominación premio Valle-Inclán a mellor dirección por La Cocina

– Nominación premios ADE 2017 a mellor dirección por La Cocina

– Premio Ercilla 2018 a mellor espectáculo por Lehman Trilogy

– Mención Festival de San Javier 2018 a mellor director e espectáculo por Lehman Trilogy

– Nominación premios MAX 2019 a mellor espectáculo por Lehman Trilogy

Domingo 7, 18:30 Quixote, de Pedras de Cartón.

Duración: 45 minutos.

Idade recomendada: a patir de 3 anos.

Estrea absoluta en Lugo.

Xoves 11, 20:00 Bojiganga de Teatro del Cuervo.

Duración: 90 minutos.

Idade recomendada: a partir de 12 anos.

Premios:

– Premio OH! 2020 a mellor vestiario e caracterización

– Premio OH! 2020 a mellor escenografía e espazo escénico

– Premio OH! 2020 a mellor produción

– Premio OH! 2020 a mellor dirección

Sábado 13, 18:30 Dreaming Julliet de Elefante Elegante.

Duración: 75 minutos.

Idade Recomendada: a partir de 12 anos.

Domingo 14, 18:30 Celestina, la tragiclownmedia, de La Escalera de Tijera.

Duración: 60 minutos.

Idade recomendada: a partir de 13 anos.

Xoves 18, 20:00 As fillas bravas. O mito de Casandra, de Chévere.
Duración: 60 minutos.
Idade recomendada: a partir de 9 anos.

Premios:

– Única compañía galega gañadora do Premio Nacional das Artes Escénicas

Sábado 20, 18:30 Hamlet, de Teatro do Chapitó.
Duración: 90 minutos.
Idade recomendada: a partir de 13 anos.

Compañía gañadora de numerosos premios do público en festivais galegos como o de Cangas ou o de Cariño, e en moitos outros certames do estado.

Domingo 21, 18:30 Andanzas y entremeses de Juan Rana, de Ron Ralá.
Duración: 90 minutos.
Idade recomendada: a partir dos 16 anos.

Premios:

– Premio MAX das artes escénicas

Mellor espectáculo musical no 2017 por Cervantina

Mellor produción/empresa das artes escénicas no 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora

Finalista á mellor adaptación no 2017 por Cervantina

Finalista a mellor actor de reparto no 2017 por Cervantina

Finalista a mellor espectáculo musical en 2012 por Siglo de Oro, siglo de ahora e no 2015 por En un lugar del Quijote

Finalista a espectáculo revelación no 2009 por Mundo y Final

– Premios José Estruch do Teatro Principal de Alicante a Mellor Espectáculo e Mellor Director por Cervantina

– Premio do público FIOT en Carballo no 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora e no 2015 por En un lugar del Quijote

– Premio do público no Festival de Cartaya no 2015 por En un lugar del Quijote

– Premio do público no Festival de Ribadavia no 2014 por En un lugar del Quijote

– Premio do público do Teatro Rojas de Toledo en 2014 por En un lugar del Quijote

– Premio Ceres do Festival de Mérida a mellor vestiario en 2014 por En un lugar del Quijote

– Finalista do Premio de teatro Valle-Inclán de 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora

– Premio do Público, Mención Especial do Xurado e Mellor Director no Certame de Teatro Garnacha da Rioxa en 2011 por TIME al tiempo

– Finalistas do Premio de Teatro Mayte de 2007 por Mi misterio del interior

Entradas e bonos

A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no Auditorio Municipal Gustavo Freire, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

A área de Cultura pon á disposición da veciñanza un bono para 8 representacións cun prezo de 35€.

A obra Quixote, para público familiar, terá un prezo único de 5€, e é a única representación non incluída nos bonos.

As entradas teñen un prezo de 8€ na zona A e 6€ na zona B, e contarán con descontos para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG, quedando as entrdas en 5€ para a zona A e 3.75€ para a zona B.