«Confinados«, curtametraxe sobre a vida de varias persoas durante o confinamento de 2020, dirixido polo lucense Xabier Díaz, busca financiación cun crowdfunding en Verkami para darlle os últimos retoques.
Na curta – xa rodada – veremos como se enteran do estado de alarma, como viven os primeiros días, como evoluciona o seu estado de ánimo, as dúas rutinas diarias, as súas relacións persoais, ata o día en que poden volver saír á rúa.
Ademáis trata de dar resposta á gran pregunta, unha vez superada a pandemia é «¿sairemos máis humanos?»