Presentación Semana de Cine de Lugo 2022

Aberta a convocatoria para a Semana de Cine de Lugo 2023. Esta convocatoria ten como principal obxectivo detectar e difundir o talento dos cineastas emerxentes, poñendo especial énfase no cinema de carácter autoral:

  • Cinema Independente Internacional.
  • Cinema do “Eixo Atlántico”.
  • Cinema Portugués.
  • Camiños de Santiago.
  • Cinema Galego.
  • O cinema dentro do cinema.

Deberán ser producidas nos anos 2022 e 2023. Non poderán exhibirse nin terse editado comercialmente en España en salas públicas (excepto en Festivais), televisión, VoD ou Webs antes do 18 de setembro de 2023 (O Xurado Seleccionador será estrito neste sentido).

A Semana de Cine de Lugo está organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e baixo os auspicios da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo, terá lugar en Lugo (España) do 18 ao 23 de setembro de 2023

BASES COMPLETAS (Galego, castellano, inglés, portugués)