Para participar na XI Findecurta tes que cubrir o formulario de inscrición entre os días 6 e 21 de abril de 2026. 

Unha vez feita a inscrición tes que seguir os seguintes pasos: 

  • 24 de abril ás 20.30 h: Sesión informativa na Casa do Saber
  • 24 de abril ás 20.30 h ata o 28 de abril ás 10.30 h: tempo oficial de realización da curta.
  • Ata o 28 de abril ás 10.30 h: entrega da documentación e da curtametraxe
  • 22 de maio ás 20.30 h: proxección e entrega de premios

Os premios que podes acadar son un primeiro premio de 450 euros, que supón ademais a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega, e un segundo premio (Premio do Público), que supón a partipación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.

Máis información nas bases do Certame (pdf)