«Drive my car», o filme baseano nun relato de H. Murakami nos Codex Cinema a partir do venres 04 de febreiro de 2022

«Drive my car», posiblemente o filme máis reputado do ano, esta fin de semana chega a Codex Cinema.

Presentada no Festival de Cannes, onde gañou o premio ao mellor guión, así como o premio da crítica internacional

Considerada como unha das grandes favoritas para os Óscar de Hollywood, a película foi elixida como a mellor do ano polos tres sindicatos de críticos máis importantes dos EEUU (a de Nova York, a de Los Angeles e a National Society of Film Critics), un éxito que só conseguiron cinco películas anteriormente (Un dos nosos, de Scorsese; A lista de Schindler de Spielberg; L.A. Confidential, de Curtis Hanson; A rede social de David Fincher, e The Hurt Locker de Kathryn Bigelow). 

Un dos moitos fitos que logrou esta película maxistral, a consagración de Ryusuke Hamaguchi como un dos cineastas máis importantes da actualidade.

Baseado no relato homónimo de Haruki Murakami (incluído no volume Hombres sin mujeres), a película afonda nos temas comúns deste escritor e de Hamaguchi: a deshumanización e a melancolía das sociedades modernas, a partir das traxedias recentes da historia do Xapón. 

Unha película que enlaza o trauma continuado da bomba de Hiroshima coas lembranzas das vítimas do tsunami de Fukushima, a través da relación dun director teatral coa súa chofer. A relación entre os dous e os misterios das súas vidas moven esta película de suspense sostida a través dos diálogos e da memorable dirección de Hamaguchi, continuando e incluso ampliando o mostrado no seu anterior traballo (estreado en Codex) A ruleta da fortuna e da fantasía.