Semana de cine “Historias e Paisaxes” do luns 16/10 ao sábado 21/10 en O Vello Cárcere promovido polo Clube Cultural Valle Inclán.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.

O Club Cultural Valle-Inclán inicia as sesións de cinema do cuarto trimestre de 2023 coa semana “Historias e Paisaxes”, na que a paisaxe é o eixo principal para o desenvolvemento de cada un dos filmes.

Bután, nas ladeiras do Himalaya, o país máis feliz do mundo -ten un Ministerio da Felicidade-; a estepa de Mongolia, coa vida nómada tradicional ameazada pola invasión de empresas mineiras en busca de ouro; o mar Mediterráneo –o mar de Malta- coa arte da pesca artesanal en perigo de desaparecer (os dous primeiros actores cambian por uns días a súa barca polas cámaras); e os montes do Irán, na asombrosa ópera prima de Panah Panahi, fillo da lenda do cinema iraniano Jafar Panahi.

Escenarios para o desenvolvemento de fermosas historias de vida.

Programa:

* Día 16 de outubro: Lunana, un yak en la escuela, de Pawo Choyning Dorji. Bután, 2019. 110 min, VOSE. 2021: Premios Oscar: Nominada a mellor película internacional.

* Día 17 de outubro: Queso de cabra y té con sal, de Byambasuren Davaa. Mongolia, 2020. 92 min, VOSE. 2020: Premios do cine Alemán: Mellor film infantil.

* Día 19 de outubro: Luzzu, de Alex Camilleri. Malta, 94 min, VOSE. 2021: Festival de Sundance: Premio Especial do Xurado.

* Día 21 de outubro: Hit the Road, de Panah Panahi. Irán, 93 min, VOSE. 2021: Festival de Mar del Plata: Mellor película.

Proxeccións: Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere. Sesión: 19:30 horas. Entrada libre e de balde ata completar aforo. Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.