Este xoves, 11 de xuño, ás 19.30 horas, terá lugar un Webinar que se desenvolverá na plataforma de Zoom e retransmitirase en directo a través do facebook da Rede Museística. Leva por título: CATALIZADORAS DE CONEXIÓNS. Terceiro Sector, Escola e Museos. Antes, Agora e Despois: as Persoas no Centro.

Con esta sesión preténdese dar a coñecer as experiencias da Rede Museística de Lugo no seu traballo en rede coa escola, representada polo C.E.I.P de As Gándaras e o Terceiro Sector, en concreto con COGAMI.

Encarna Lago, xerente da Rede Museística de Lugo, expoñerá as numerosas actividades e iniciativas que a rede museística desenvolveu durante estes anos, nas que o ámbito educativo foi prioritario. Ana Pérez, mestra do C.E.I. P As Gándaras, describirá as iniciativas en torno á arte e a colaboración co museo e Cristina Alonso, educadora social de COGAMI en Lugo, compartirá o proxecto de talleres artísticos na comunidade que xorde a partir do labor compartido coa Rede Museística e o colexio das Gándaras.

Encarna Lago, xerente da Rede Museística de Lugo

Analizarase como, que, con quen e por que se realizou todo este traballo conxunto, e a partir de ahí tentarase contestar a preguntas que se xeran ante a chegada do COVID19: – como se van a establecer as novas relaciones museo-escola-terceiro sector?, – a distancia física vai converterse en distancia á hora de traballar en rede e como imos salvala?, e en xeral como pode afectar esta nova situación o traballo en rede en todos os ámbitos.

Estas experiencias compartíronse no curso “A arte como Recurso Educativo” organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo nas cidades de Madrid e A Coruña durante os anos 2018 e 2019, coordinado polos servizo de educación dos museos do Prado e do Thyssen aos que acudiron 120 docentes de toda España.