O Centro de Artesanía e Deseño de Lugo , Centrad, recompila nun catálogo dixital información sobre zanfonas históricas de Galiza

arquivo dixital facilita o acceso interactivo a información sobre 25 instrumentos datados entre os séculos XVIII e XX e conservados por museos e institucións, colectivos culturais e coleccionistas privados.

Ofrece unha galería de imaxes, un visor de 360 graos interactivo e arquivos métricos en formato .jpg e .dwg de cada un dos instrumentos, ademais de documentación sobre a súa procedencia e historia organolóxica.

Segundo  expón o director da Colección de Instrumentos Musicais, Obxectos Sonoros e Arquivo Documental do Centrad  e responsable deste arquivo dixital, Luciano Pérez, “o catálogo ofrece a posibilidade de tomar algunhas medidas básicas sen necesidade de acceder directamente aos intrumentos, evitando, por outra parte, o inevitable deterioro”.

Na presentación , o deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, sinalou que “con este catálogo dixital ofrecemos unha ferramenta útil para a investigación e a formación arredor deste instrumento milenario, avanzando no obxectivo de proxectar Lugo e o Centro de Artesanía e Deseño, nun espazo de referencia a nivel europeo”.

O responsábel provincial fixo fincapé na necesidade de “aproveitar e reivindicar a traxectoria investigadora e formativa que se desenvolveu arredor do Obradoiro de Instrumentos do Centro de Artesanía e Deseño e o
nivel de excelencia acadado por músicos e mestres artesáns das comarcas de Lugo”.