Exposición en Solaina - Vaginal

O vindeiro 16 de xaneiro ás 17.00 horas inaugura a súa nova exposición Solaina“VAGINAL, o residuo de Vaginal Davis”. Unha exposición colectiva que ten como base o movemento fundado pola drag queen Vaginal Davis. A exposición será a primeira do ciclo expositivo “Roupa Interior, non todo son xenitais”, que aglutinará outras actividade e exposicións. A exposición contará con 12 artistas: Amalia Ambroa, Alejandro Fuertes, Daniela Somoza, Francisco Rico aka Paca la Marrana, Horacio Vega, Irene Sánchez, Naiara Gómez, Tamara Goberna, Visceral, Xoana/Pascual Pousa e Xoel Gómez aka Ariezzz.

Luisa Galban, curadora de Vaginal, describe esta nova exposición como: este proxecto trata de reflexar o espíritu rebelde da artista nunha época onde a cultura punk e a queer confluiron creando o movimiento “homo punk core”, término que acuñou Vaginal Davis nos anos oitenta en New York. A intención principal da exposición é mostrar o residuo que deixaron a artista e o movimento na época actual e no imaxinario dos artistas que debutan cuxas obras representan temáticas ligadas á cultura queer, o “trash”, a identidade, o drag e o politicamente incorrecto.