SETEMBRO 2018 -A Capela de Santa María acolle ata o 25 de novembro a mostra “Cos pés na terra”, que recolle o traballo de 24 zoqueiros lucenses e galocheiros, na que se fai unha revisión do traballo destes artesáns coa presentación de pezas que contan con medio século de antigüidade. O visitante coñecerá aos veteráns deste oficio a través dos retratos realizados por Jose M. Salgado, ademáis, hai un audiovisual sobre a elaboración da zoca, e tamén un espazo habilitado para probar este calzado e facerse un autorretrato.
Os artesáns que conforman esta exposición son unha pequena mostra do peso que tivo noutro tempo o oficio de zoqueiro no peso da provincia, e do que aínda se poden extraer leccións moi importantes. Os 24 que participaron nesta mostra recibiron un diploma como Mestre Artesán da Provincia, en recoñecemento ao seu traballo e sobre todo ao seu legado, foron os seguintes:
Xose Vázquez Ocampo (Vilalba, 1945)
German Anllo Falcón (Cospeito, 1926)
Flaminio Fernández López (A Fonsagrada, 1926)
Norberto Piñeiro Pernas (Vilalba, 1926)
Abel Losada López (Guitiriz, 1936)
Baldomero Fernández López (Navia de Suarna, 1933)
Albino Rodríguez López (Cervantes, 1934)
Francisco Cadenas Fernández (Cervantes, 1931)
Gonzalo Teijeira Abelleira (Castro de Rei, 1929)
José Morán Anllo (Cospeito, 1935)
Benjamín e Plácido Souto Gato (Vilalba, 1920 e 1924)
Justo Diaz Yáñez (Navia de Suarna, 1933)
Alberto e Secundino Geada (Alfoz, 1980 e 1936)
Francisco García Carreiras (Cospeito, 1943)
Francisco Morán Crecente (Cospeito, 1935)
Eduardo Rouco Fernández (Valadouro, 1931)
Ramón González Fernández (Valadouro, 1922)
Benedicto Seivane Rivas (Pastoriza, 1931)
Jose Antonio García Fraga (Alfoz, 1945)
Jesús Fernández López (Navia de Suarna, 1930)
Leonardo Villamel López (Pastoriza, 1928)
Ramón Carreira Carreira (Vilalba, 1941)