Gañadores do concurso de fotografía das reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

A sétima edición do Concurso sobre as Reservas da Biosfera, que nesta edición estaba centrado en “Sendeiros das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses”, xa ten gañadores: Lina Iglesias Forneiro, pola súa obra Camiño Primitivo, recibirá o primeiro premio dotado con 800€; Germán Limeres López, coa súa fotografía Lagoa de Cospeito, será galardoado co segundo premio, que está dotado con 500€; e Manuel María Balbas Naveira, que inmortalizou Cores de inverno na senda dos muíños.

Exposición do concurso na seguinte ligazón

Unha das fotografías gañadoras na pasada edición.