Xuventude lanza un certame de monólogos no confinamento para animar á mocidade lucense a expresarse
A concelleira Ana González anima a desenvolver a creatividade nesta iniciativa, á que poderán presentar os traballos até o 10 de maio. Un xurado profesional emitirá o fallo antes do verán.
O Concello de Lugo lembra que está aberto tamén o prazo do concurso de curtas.

A área de Xuventude de Lugo convocou un certame de monólogos para a mocidade que pretende animar á poboación xuvenil a aproveitar as horas na casa realizando actividades que lles gusten ao tempo que desenvolven dotes artísticas. 

O certame está aberto a mozas e mozos de 14 a 35 anos empadroados en Lugo, que estuden ou traballen no municipio. Cada participante debera presentar un único traballo de 4 a 10 minutos de duración. “Os textos deben ser orixinais e inéditos, sen restricións en canto a temas pero excluiranse aqueles traballos que inciten ao consumo de drogas ou teñan connotacións sexistas, xenófobas, racistas ou de índole ofensiva”, destacou a concelleira Ana Abelleira

Prazo, premios e xurado

Os monólogos deberán subirse a www.youtube.com co nome “Concurso de monólogos no confinamento Casa da Xuventude Concello de Lugo + titulo da obra”, e deberá levar incorporado o logotipo da Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude.

“O enlace dos monólogos, compartirase nas redes sociais da Casa da Xuventude e deben enviarse antes das 21:00 horas do domingo, 10 de maio, ao enderezo electrónico: xuventude@lugo.gal”, sinalou Ana González ao tempo que concluíu que este certame súmase ao concurso de curtas, que mantén o prazo de presentación de traballos ata a mesma data.

O correo electrónico deberá levar un arquivo adxunto no que deberá figurar nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, dirección postal, centro no que está matriculado, lugar de traballo e, no caso de menores, unha autorización do pai, nai, titor ou titora legal.

Outorgaranse tres premios, un por categoría, baseados en experiencias de aventura adecuadas á idade.

O tribunal, que estará formado por 3 membros do eido cultural e audiovisual do municipio, valorará preferentemente a orixinalidade e/ou imaxinación

As bases poden consultarse en http://concellodelugo.gal/gl/tramites/bases-certame-de-monologos-xuventude