Unha imaxe do poeta lucense Isidro Novo colga xa como homenaxe na biblioteca municipal Isidro Novo

Maite Ferreiro explicou que “desde a Tenencia de Alcaldía queremos facer unha homenaxe a un autor que fixo moito traballo a favor da lingua e da cultura galega”, e destacou a figura de Isidro Novo como “referente literario de Lugo”.

A obra de Isidro Novo contan con 21 libros escritos por el, aos que se suman 17 colaboracións con outros autores. Na súa obra destacan a narrativa e a poesía, xéneros aos que se suman a tradución e o ensaio.

Homenaxe a Isidro Novo na biblioteca municipal de Lugo.
A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, estivo acompañada do Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e de familiares do poeta.