O pasado 13/04 a área de Cultura do Concello de Lugo homenaxeou a Xoán Montes polo 180 aniversario do nacemento do músico lucense. Durante todo o día, as redes sociais da área de Cultura compartiron cada hora versións do poema de Rosalía Negra Sombra, ao que Xoán Montes deu son no ano 1892.
“Homenaxeamos nesta data a un dos músicos máis destacables da historia de Lugo, fundador da nosa Banda Municipal”, afirmou Maite Ferreiro.
A área de Cultura avanza no traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior. Segundo informou Maite Ferreiro, “as pezas da base xa están colocadas e cando a situación o permita realizarase o traslado do busto”.
Algúns datos destacados de Xoán Montes:
13/04/1840 Xoán Montes nacía en Lugo .
Con 10 anos entrou no Seminario que abandonou 14 anos despois para dedicarse totalmente á música, compoñendo música sacra e música popular que recibiu múltiples premios. En 1876 fundou a Banda Municipal de Música de Lugo. En 1892 gañou co Orfeón Galego o Concurso Internacional de Orfeones e Bandas
Bio completa – web do grupo vocal Sólo Voces –