A farmacéutica, investigadora e divulgadora María Moure de Oteyza acaba de publicar “María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel”. Crónica da Cultura Popular dunha Terra Extraordinaria (Teófilo Edicións) no que describe unha viaxe que comeza na súa infancia e culmina no Caurel.

Naquela extraordinaria serra descobre que o que ía ser un traballo baseado no uso tradicional de plantas medicinais, convértese nunha historia que vai moito máis aló e que ten como protagonistas non as plantas, senón as persoas que habitan o territorio, as «herbaxeiras» que coñecen á perfección as plantas da zona, as cales van configurando o fermoso, complexo, colorido e variado tapiz tecido nese tear que conforma a Cultura Popular do Caurel, a través dos testemuños, ritos ancestrais, lendas, refráns, cancións, adiviñas,…que existen tanto en torno á Etnomedicina como en xeral. Todo iso deu como resultado este primeiro tomo dunha triloxía que ten o catálogo de plantas medicinais como fío conductor.

Libro sobre as herbas e as herbaxeiras do Caurel