Novembro 2019 A Biblioteca Municipal Isidro Novo – Parque da Milagrosa – acaba de anunicar a apertura das inscricións no seu Club de Lectura. Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas que gocen coa lectura e desexen compartir a súa experiencia con outros lectores.

A biblioteca prestará un exemplar a cada membro do grupo e organizará dúas reunións mensuais para comentar o lido coa axuda dunha persoa coordinadora.

Destinatarios/as: maiores de 18 anos
Comeza: o 28 de novembro
Datas das reunións: xoves alternos, das 18:45 ás 19:45 horas
Número de prazas: 15

Inscrición:
– Presencialmente, na biblioteca: en horario das 10:30 ás 14:00 horas e das
16:30 ás 20:00 horas.
– No correo electrónico: bibliotecamunicipal@concellodelugo.org

Prazo de inscrición aberto ata o 25 de novembro. (A inscrición realizarase por estrita orde de recepción das solicitudes)