Xuño 2018 O Pazo de Ferias e Congresos de Lugo,  o único recinto ferial da provincia e un dos cinco de Galicia que continúan en activo, celebra 20 anos de vida con moita música.

Por unha banda, celebrarase o festival Novafest, o 13 de outubro, que contará, como primeiros artistas confirmados, co dúo de rap NATOS y WAOR, abanderados da transformación da industria musical, grupo que conta con máis descargas en Spotify. As entradas para esta nova cita no calendario musical galego poderán adquirirse dende o vindeiro luns, a través de www.ataquilla.com, cun prezo de 15 euros, máis gastos de xestión, as primeiras mil entradas, subindo aos 19, máis gastos de xestión, a partir destas mil primeiras. En taquilla terán un prezo de 24 euros, máis os gastos de xestión. Trátase dun festival de máis de 6 horas de concertos, dende as 20:30 horas, con artistas de renome actual. O aforo para este festival, que quere ser escaparate de novos estilos e tendencias e artistas emerxentes, é de 5.000 persoas.

Por outro lado, terá lugar a actuación da banda Sweet California, que actualmente contan con máis de 100.000 discos vendidos, un MTV a mellor artista internacional, 1 disco de ouro e dous de platino; converténdose no girl group con máis éxito de España. Será o 14 de outubro, a partir das 19:30 horas. As entradas sairán á venda a vindeira semana, cun prezo de 12 euros ata as primeiras mil, máis gastos de xestión; 16 dende as 1.001 e 20 euros en taquilla.

 

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto ao director xerente do Pazo de Ferias e Congresos de Lugo, Rubén López, representante e Eduardo Núñez (representante dunha das empresas organizadoras, Idearock e La Liebre) presentaron estos concertos.