A edición 2023 do Fa Ce La Fest de Lugo foi como a anterior, a anterior da anterior, a anterior da anterior da anterior e así desde a primeira: FANTÁSTICA. 

O festival cheo de propostas de calidade e diferentes, sen colorantes nen aditivos, o directo do grupo e o público, a proposta musical por enriba de todo, o festival sen filtros nen fogos artificiais… o FaCeLa Fest é único, e cada ano somos máis facelas.

Fotografías Fa Ce La Fest 2023:

Ángel NovCad + Copa Turbo + Dalsi + Depresión Sonora + Fee Reega + La Bien Querida + Lunamotos + Músculo! + Musel  + Na Noise + Riders of the Canyon+ Pastor Eléctrico + Ron Gallo + The Neatbeats  + The Shadracks  

Fotos: Loopez e I. Mouronte