Do 16 ao 20 de maio a Praza Maior de Lugo acolle trece postos de librarías e editoriais e un amplo programa de presentacións, concertos, contacontos e actividades de animación á lectura na Feria do Libro de Lugo 2023.

O Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo (Vicepresidencia) ten o seguinte programa: 

A axenda da xornada inaugural, coa apertura inclúe a presentación do libro “O Museo Provincial de Lugo. Orixe e consolidación (1932-1982) de Aurelia Balseiro García, que repasa os primeiros anos de historia do Museo, ás 17.30 horas.

O xoves 18 de maio, ás 19.00 horas, será a presentación do libro ilustrado Lugo Apocalíptico, con imaxes de José Crende Novoa e Serafín R. Trashorras, editado tamén polo Servizo de Publicacións.

As presentacións acompañan a presenza un ano máis na Feira dun posto propio no que se amosarán os títulos editados ou participados polo
Servizo de Publicacións, que estarán a venda nas librarías da feira, co desconto do 10%.

Ademais da caseta do Servizo de Publicacions, venderán libros na feira Libraría Pedreira, Muralla de Cómics, El Faro de los Tres Mundos, Librería Aguirre, Librería Trama, Libraría Tótem, Libraría Cortizas, Edicións Embora, Librería Biblos Librería Agrasar,  Editorial Canela e Lar Libros (con stand compartido) e Libraría Cartabón.  

Os postos estarán abertos en horario de mañá e tarde, de 11.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.00 horas.  O pregón -mañá as 19.00 horas- correrá a cargo da
docente e académica da RAG María López Sánchez.