A segunda edición da Festa do Jazz Galego reuniu en Lugo a máis de cen artistas de toda Galicia, entre músicos e bailaríns, nunha gran jam session na praza de Santa María con sete horas continuadas de música en directo que percorreu a traxectoria dos máis grandes compositores dos inicios do xénero, entre 1910 e 1950, como Scott Joplin, Fats Waller, Willie ‘The Lion’ Smith, Louis Armstrong, Duke Ellington ou Billie Holiday, entre moitos outros.

Evento da Asociación de Amigos do Jazz dentro do Xacobeo 21-22.

Fotos de I. Mouronte e Loopez