Xuño 2019 O festival de Música Cidade de Lugo – XLVII Semana de Música do Corpus continúa, o xoves 6 de xuño no Centro Cultural O Vello Cárcere (20.30h), co concerto de Germán Díaz e Benxamín Otero «13 cancións bonitas» Entrada gratuita ata completar aforo.

Benxamín Otero e Germán Díaz, propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, aos seus oídos, bonitas… compositores coma Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias, compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este persoal concerto.

Instrumentos coma o óboe e o corno inglés únense ás sonoridades medievais da zanfona e a particulares instrumentos mecánicos como o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programable para os que Otero e Díaz perforan os seus propios cartóns con arranxos actuais para vellas melodías.

 
german-diaz
Programa 13 cancións bonitas

Je te veux (Erik Satie/Henry Pacory)

Es un sombrero (Germán Díaz)

Rue de Bègles (Germán Díaz)

Muiñeiras de Inzenga (Tradicional)

Val de Viveiro (Tradicional)

Ruedas de F. Olmeda (Tradicional)

En todas as mans (Germán Díaz)

Taraf (Richard Galiano)

Der Leiermann (F.Schubert/W. Muller)

Mercedes (Valentin Clastrier)

Chiftelli (Fratelli Mancuso)

Alalá de Muxía (Tradicional)

¡Si vas a París, Papá! (Ledesma/Oropesa/Á. Díaz)

Canto del Bierzo (Tradicional)

O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Lugo coa colaboración da Sociedad Filarmónica de Lugo