Vaia xeito de comezar o ciclo Lubicán da programación do Lugo Cultural. Uns Triángulo de Amor Bizarro pletóricos transmitiron non só a enerxía de cada unha das súas cancións, tamén a do grupo, as súas gañas de tocar e cómo estaban a desfrutar neste directo en Lugo…gustáronse, soñáronse, e con eles, nós. 

Por unha e mil noites máis con TAB. Algunhas fotos do concerto, do Loopez, en modo fan.