O músico lucense Javier Miranda presenta o seu novo disco. O álbum, "Strange imperfection", pódese adquirir en formato físico e dixital a través de Bandcamp
Tras recibir excelentes críticas co seu primeiro álbum, Mirror Games (2020), o artista lucense Javier Miranda retorna cun novo disco, Strange Imperfection. Nel afonda na faceta máis electrónica da súa música, incorporando caixas de ritmos que substitúen ás baterías programadas do anterior traballo, sen perder de vista outras influencias determinantes coma o rock progresivo dos anos setenta, o space-rock e a música ambient.
Strange Imperfection pódese escoitar en aberto e pódese adquirir para a súa descarga en formato dixital ou soporte físico vía Bandcamp. Esta edición, cunha tirada de 100 exemplares, consiste nun CD Diamond Profesional cunha presentación en digifile con tres paneis cun deseño de Iago Méndez Suazo. Próximamente o disco tamén estará dispoñible en plataformas dixitais como Spotify ou Tidal.
Javier Miranda comezou a súa andaina na música influenciado principalmente pola música sinfónica e progresiva. Logo de participar en diversas bandas e proxectos musicais da escena lucense (Pressences, Bristol, Kalte Sonne ou Experipecies, entre outras) nestes últimos anos, xa baixo o seu propio nome, derivou hacia a música electrónica en moitas das súas vertentes. Ademais dos dous traballos de longa duración arriba referenciados tamén publicou diversos singles que entroncan coa electrónica minimalista e a música ambiental. Todos eles pódense escoitar na discografía do seu perfil de Bandcamp.
Bandcamp: https://javiermiranda.bandcamp.com/
Facebook: https://www.facebook.com/javidemure
Instagram: https://www.instagram.com/javiermirandamusica/