Sirvan as seguintes fotos de sentido homenaxe a tódalas persoas que día sí e día tamén traballan na conservación e difusión do patrimonio tradicional galego en calqueira eido: música, traxes, arquitectura, cultura do mar e da terra, comidas (o noso querido e riquísimo polbo nas casestas), etc etc etc
Especialmente adicadas a todas e cada unha das persoas que amablemente participaron no Domingo das Mozas deste San Froilán 2017 en Lugo, que sempre cunha sorisa e amables palabras nos trataron. Según o programa das festas foron: XIX Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos polo recinto histórico. Participan: A Volta do Agro, Caivanca, Folquiada, Xaora, Reviravolta e Axeigo; Raigames (Vigo), Ultreira (Santiago de Compostela), Os Melidaos (Melide), Os Terribles de Donas (Val Miñor), Estiño (Allariz), Donaire (A Coruña), Os Sin Son Ghaiteiros (Deza), Xaramolo (A Mariña). Recepción na casa do Concello Á Asociación do Traxe Galego de Santiago. Exhibición e paseo e acompañados por grupos de música tradicional ata o parque Rosalía de Castro.
Clica nas fotos… as verás máis grandes.
Comparte sen problemas, dalle …difunde… – cita a fonte e non as vendas –
TAMÉN EN VIVA LUGO: