A lucense Carmen Conde pregoeira do Entroido 2024

A humorista, narradora e guionista lucense Carmen Conde será a encargada do Pregón deste ano, que se celebrará o venres 09/02 na praza Maior, dando así comezo ás actividades do Entroido 2024, organizadas pola Tenencia de Alcaldía.

A concelleira de Cultura destacou a “importancia” de incluír unha humorista no comezo das festas, xa que “crea un ambiente alegre e desenfadado, fomentando a unión dos e das lucenses a través do humor, contribuíndo tamén á diversidade de expresións culturais durante a festa do Entroido”, insistiu Maite Ferreiro.

Carmen Conde.

O Pregón terá lugar a partir das 20 horas e contará con gradas para facilitar a visibilidade, ademais dunha pantalla xigante. No caso de choiva, a área de Cultura habilitará unha carpa. A animación musical durante o pregón correrá a cargo de Condensadores de Fluzo, e, a partir das 21:30, o recinto histórico encherase coa animación musical da charanga Louband.

Programación do entroido 2024 en Lugo