Boletín de información cultural emitido o 30 de abril de 2020

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo elabora e comparte unha vez á semana un boletín con información cultural e últimas novas sobre o coronavirus. Xa está dispoñible o que vai do xoves 30 ao mércores 06 de maio de 2020 no seguinte link da web do concello.

Desta volta informan sobre as fases da desescalada no eido cultural-turismo, o proxecto «tecendo brincadeiras» que encherá as rúas de Lugo con xogos para as saídas das nenas e nenos e o mellor que se está a compartir nas redes en canto a cultura e a arte on line, entre outras informacións.