Encontro en Lugo cun dos grandes da fotografía: José Manuel Navia

A área de Cultura da USC no Campus de Lugo promove o encontro ‘José Manuel Navia: Fotografía, fragmentos, documentos e ficción’, unha sesión promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que se desenvolverá o 17 de febreiro, a partir das 16.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo.

José Manuel Navia está considerado como un dos fotógrafos contemporáneos máis importantes do noso país e conta cunha ampla traxectoria e varios premios que recoñecen o seu labor.

Inscrición a través dos teléfonos 982 821 513 ou do 982 821 511 e tamén do correo cultura.lugo@usc.gal.