Festival Urban Cores Atlánticas – O mellor talento urbano de Galicia e Portugal en Lugo o vindeiro 25 de marzo na Rúa 8 de Marzo, nas inmediacións de As Termas, exhibicións de skate, pintado de graffitis, batallas de galos ou actuacións en directo de DJs, “convertendo esta cita nunha oportunidade única para disfrutar da cultura urbana en todas as súas modalidades e expresións”, explicou a rexedora Lara Méndez.

Programación da xornada (O Festival Urban Cores Atlánticas está dentro da programación da Capital da Cultura do Eixo.)

11.00h.– Comezo da exhibición de graffitis e arte urbano con: Yoe 33, Treze Trazos, M. Pereira, Otro Prisma e Virus.

– Comezo do campionato de basket 3×3 (duración todo o día)

– Comezo do campionato de fútbol sala 3×3 (duración todo o día)

– Comezo do campionato de voleibol 3×3 (duración todo o día)

– Comezo exhibición de skate (duración todo o día).

– Comezo sesión DJ (todo o día) con: Nasa + FAT + Tropical Boyz

18.00h.-  Entrega de premios campionatos

18.30h.-  «Batalla de galos»

20.30h.-  Concerto de Israel B  – Raúl Marqués (Madrid), aka Israel B, é un dos rapeiros do momento, vén de acadar un Disco de Ouro co tema “Waoh” no que colabora co artista canario Quevedo. Tamén asinou outras colaboracións con artistas de talla internacional como C Tangana ou Delaossa. – 

Todas as actividades serán de balde e abertas ao público e só será necesario inscribirse para as deportivas. O prazo para anotarse xa se atopa aberto a través da web: www.lugocapitaldacultura.com onde se pode atopar toda a información sobre o programa desta cita, así como do resto dos eventos da Capital da Cultura.

Ao longo da xornada sucederanse exhibicións de skate, actuacións en directo de DJs, batalla de galos, zonas de pintado de graffitis, con representación de artistas locais, como Treze Trazos, Concepto Circo, e portugueses, como Virus. Con este fin instalarase un autobús e varias furgonetas onde os e as artistas estarán todo o día pintando. A xornada finalizará co concerto a cargo de Israel B.