A Deputación promove a provincia de Lugo como destino turístico único da man de Martín Barreiro
e a campaña «Lugo cambia»

XAN 2017 No marco da que é una das feiras de promoción turística máis importantes do mundo, FITUR, presentáronse os vídeos promocionais «Os sentimentos dunha viaxe» , que en galego, castelán, inglés, alemán, francés, italiano e portugués, promocionan os recursos turísticos dos 67 Concellos de Lugo. Nos vídeos, o coñecido presentador lucense Martín Barreiro convida a visitar a provincia, dando conta dos sentimentos que produce facelo e destacando que “unha viaxe á nosa provincia vos cambiará para sempre”. 

Estes novos spots da campaña Lugo Cambia se atopan neste canle de YouTube e en www.deputacionlugo.gal, nun apartado específico sobre turismo, e difundiranse a nivel internacional en reputadas plataformas para dar a coñecer os recursos patrimoniais, naturais, culturais ou gastronómicos que se poden atopar nos Concellos de Lugo co obxectivo de atraer á provincia máis visitantes.

 “… A viaxe pola provincia de Lugo, deseguido se transformou nunha viaxe polos sentimentos. Unha viaxe polos recordos, e para gran sorpresa para min, unha viaxe chea de descubrimentos… Os meus compañeiros de viaxe e de rodaxe, seguro que volo poden confirmar, alá onde fixemos un alto no camiño, tratáronnos como da familia. Comemos como na casa, porque xa sabedes, para comer Lugo. Porque que non vos caiba nin a máis mínima dúbida, Lugo ten verdadeiras marabillas, pero o mellor de Lugo son os lucenses”.
Martín Barreiro 

 “Lugo é unha provincia única que cambia de recuncho a recuncho e que parece acoller varios mundos, pois nela podemos gozar de máis de 100 quilómetros de costa, con praias catalogadas como xoias mundiais, ou 800 quilómetros de rutas de peregrinación; Lugo posúe o maior espazo natural de Galicia: Os Ancares e O Courel. O 50% do seu territorio está recoñecido pola UNESCO como Reserva da Biosfera; son Patrimonio da Humanidade a Muralla de Lugo, as Catedrais de Lugo e Mondoñedo, e os Camiños Norte e Primitivo; conservamos unha das maiores concentracións de  románico de toda Europa, que se estende pola idílica Ribeira Sacra”.
Presidente da Deputación, Darío Campos Conde

No acto de presentación estiveron: o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, os vídeos de promoción turística do conxunto da provincia xunto a Martín Barreiro, embaixador da campaña Lugo Cambia, e dos Alcaldes dos principais Concellos da provincia polo seu número de habitantes: Lugo (Lara Méndez), Viveiro (María Loureiro) e Monforte de Lemos (José Tomé Roca). Tamén estivo na presentación, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde.

Durante a celebración de FITUR, a provincia de Lugo contará cun stand no pavillón de Turgalicia (pavillón 9) a través do que que haberá contacto directo con turoperadores, representantes do sector turístico e medios de comunicación, co obxectivo de transmitir os atractivos da provincia lucense.