O clan escocés dos Saor Patrol en concerto no Arde Lucus. Sábado 11/09 - 00:30 horas- Pza de Sta María - Gratuíto. É o seu único concerto en España

Saor Patrol, unha das bandas escocesas máis recoñecidas e de maior proxección internacional, será unha das actuacións musicais forza, xunto coas Tanxugueiras, da programación para o Arde Lvcvs deste ano

Con 25 anos de historia e 13 discos editados, o grupo escocés é un dos grandes referentes internacionais da música celta.

O seu son único, produto da mestura de instrumentos de época e actuais, convérteo nunha banda de culto con miles de seguidores nos cinco continentes, polos que viaxaron deixando sinal nos máis prestixiosos festivais de folk.

“A súa caracterización en escena, cun vestiario que evoca á dos antigos clans escoceses e un directo potente e cativador no que rememoran as antigas fazañas e lendas do seu pobo, entronca directamente coa festa de Arde Lvcvs”, sostén o concelleiro de Xuventude Mauricio Repetto

PROGRAMA DO ARDE LUCUS