O XXIX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo xirou os focos cara as estampas de caos.
Participaron preto de 40 persoas.
O XXIX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo, unha das citas máis consolidadas da programación organizada ao abeiro do convenio Lugo
Cultural, xirou os focos da súa última edición cara as estampas representativas de caos que se poden advertir na cidade nunha xornada dominical a prol da creatividade artística na que tomaron parte preto de 40 persoas.
O xurado deste certame fotográfico, una cita sobradamente consolidada na oferta cultural luguesa e coordinada polo integrante do grupo cinematográfico Fonmiñá Eduardo Ochoa, fará pública a súa resolución o vindeiro 6 de novembro no marco dunha sesión pública durante a que tamén se procederá a inauguración dunha mostra coas vinte imaxes máis valoradas de todas as presentadas a concurso.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, o XXIX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo está dotado con 900 euros en premios para os participantes galardoados cos premios Carlos Valcárcel, que distingue a mellor imaxe presentada a concurso; Eduardo Ochoa, galardón que recoñece a mellor fotografía representativa de caos, que centrou a temática proposta pola organización, e un terceiro recoñecemento, tamén con gratificación económica, trofeo e diploma, para a mellor creación de temática libre.
A elaboración dun calendario con 12 das imaxes presentadas a concurso e a apertura, prevista para o 6 de novembro, a partir das 20.00 horas, na Biblioteca Intercentros, dun exposición composta por 20 imaxes que logo viaxarán á Biblioteca Provincial Lugo, completarán o percorrido da última edición desta xa senlleira oda artística.