Sés, Nuno Pico ou O Leo de Matamá intervirán nunha xornada en Lugo.
Xornada sobre tradición oral organizada pola AELG co apoio da Vicepresidencia de Deputación o vindeiro 28 de outubro no Pazo de San Marcos

O Pazo de San Marcos acollerá o sábado 28 de outubro  a XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral “Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción”, organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

A xornada contará coa participación de Sés, Nuno Pico, O Leo de Matamá, Alba María e Marta Veiga Izaguirre que falarán da contribución da música -desde as regueifas aos ritmos máis actuais– á preservacion do
patrimonio inmaterial.

A deputada de Cultura Iria Castro e o coordinador da xornada e vogal da AELG en Lugo Lois Pérez convidaron a participar na xornada, que incorpora ao debate sobre a tradición oral e o patrimonio inmaterial a artistas con vocación popular, que buscan comunicarse co público a
través das súas cancións.

A asistencia á xornada é libre e de balde, ata completar a capacidade do Salón de Actos. Só teñen que anotarse previamente as persoas que queiran recibir a certificación de asistencia por parte da AELG ou homologaciónda asistencia pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Foto: Gab. Com. Vicepresidencia Deputación de Lugo. A deputada de Cultura Iria Castro e o coordinador da xornada e vogal da AELG en Lugo Lois Pérez.